martes, 10 de diciembre de 2013

O Maio


Nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, é un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.
Fillo dun escribano, fuxido da casa paterna, emigrante temperán, estudou en Madrid e, dende esta cidade, participa, en 1877, no "Certame Literario" de Ourense, obtendo varios premios.
Tres anos despois publica "Aires da miña Terra", libro de poemas que acadou grande éxito, a pesares ou mesmo por mor da condena de que foi obxecto por parte das autoridades eclesiásticas. (Deste mesmo ano é, o segundo grande libro de Rosalía: Follas Novas).

Escribe cousas en castelán e cultiva o xornalismo nas máis importantes publicacións do momento.

No ano 88 edítase "O Divino Sainete", que tamén acadou moita sona, e en 1894 emigra Curros a Cuba, onde exerce o xornalismo. Fixo un viaxe a Galiza en 1904, e na Coruña foi coroado poeta.  Finou ó pouco na Habana. Os seus restos xacen na Coruña, onde foron popularmente recibidos.

  Republicano e anticlerical, é Curros o poeta ceibe por excelencia, e o primeiro dunha serie de emigrantes ou exiliados esgrevios: Cabanillas, Basilio, Vilar Ponte, Castelao... 


Os maios
Nos primeiros días de maio (nalgúns lugares o día 1, noutros o 3) celébranse as festas dos Maios, festas lúdicas coas que se recibía o comezo da floración e o fin do inverno.

Luís Emilio Batallán

En 1975 publicou o disco Ahí ven o maio, no que musicaba poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro e do que se venderon douscentos mil exemplares. Entre eses poemas estaba "O maio" 

.


No hay comentarios:

Publicar un comentario