viernes, 28 de septiembre de 2012

Apúntate ao Club de Lectura SOÑOS DE PAPEL


Atópanse dúas cabras nun vertedeiro, 
 unha delas está comendo o negativo dunha película de cine; 
cando remata, a outra cabra pregúntalle: 
-Gustouche? 
Ao que a primeira cabra contesta: 
-Si, pero a novela gustoume máis.

Con este chiste que lle gustaba repetir ao guionista de cine Azcona damos a saída
 a un novo proxecto de SOÑOS DE PAPEL: Propoñemos para cada grupo unha novela 
e unha película, ESTADES DE ACORDO COA CABRA? ou pensades que é posible 
establecer un dialogo sorprendente e apaixonante entre literatura  e cine?

Agardámosvos!

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Novo curso, seguimos soñando.


Xa comezou o novo curso e queremos seguir co noso club de lectura.
Bibliomeira deixounos aqui unha invitación para... ler e ver cine!!!!!!!!!!!
bibliomeira
Que esperamos para apuntarnos e seguir con soños de papel ... e celuloide??????