martes, 3 de diciembre de 2013

Himno galego



Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal do poemario Queixumes dos pinos, concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga


Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981. Estreouse na cidade da Habana o 20 de decembro de 1907.
Sufriu un rexeitamento frontal durante o período do franquismo no Estado Español, e mesmo durante a etapa de aperturismo só se cantaba, todo o máis, en actos culturais, e unicamente a modo de simple canción, unha máis de tantas do vasto folclore galego. Dende 1960 comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos ideolóxicos. En concreto, cantábase só a primeira parte.
En 1975, mentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a se erguer das cadeiras para entoalo. Ao ano seguinte instaurouse este costume de xeito definitivo na Praza da Quintana, sendo así mesmo ratificado polas autoridades competentes e asistentes ao acto.

Os Pinos
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.


No hay comentarios:

Publicar un comentario