Atópanse dúas cabras nun
vertedeiro,
unha
delas está comendo o negativo dunha película de cine;
cando remata, a outra cabra
pregúntalle:
-Gustouche?
Ao que a primeira cabra
contesta:
-Si, pero a
novela gustoume máis.
Con este chiste que lle gustaba repetir ao guionista
de cine Azcona damos a saída
a un novo proxecto de SOÑOS
DE PAPEL: Propoñemos para cada grupo unha
novela
e unha película, ESTADES DE
ACORDO COA CABRA? ou pensades que é posible
establecer un dialogo
sorprendente e apaixonante entre literatura e cine?
Agardámosvos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario